Canal RSS

Archivo de la etiqueta: editorial hércules

Presentación do libro Galegos universais no Museo de Pontevedra

9e912174-94b4-46c3-9ab9-7c7843f2c051Hércules de Ediciones presenta o martes 27 de decembro ás 20:00 horas, no Museo de Pontevedra, a obra Galegos Universais, unha publicación cuxo obxectivo último é dirixir a luz a episodios e personaxes da Historia Universal e demostrar o seu decisivo vencellamento con Galicia.
Xunto con Fidel Castro, as vidas de outros catro protagonistas da Historia ­–Prisciliano, Xelmírez, Cristóbal Colón e Simón Bolívar— son analizadas por varios autores, todos especialistas en diversos campos do saber.
Os encargados de dar a coñecer esta obra, serán Xosé Leal, Deputado Provincial de Cultura e Lingua; Xosé Carlos Valle, Director do Museo de Pontevedra; Eduardo Esteban, presidente da Asociación de Cristóbal Colón Galego e co-autor da biografía de Cristóbal Colón; Afonso Eiré, autor da biografía de Fidel Castro e coordinador.
Esta obra, vén de sáir agora do prelo na súa edición en galego, uns meses despois da versión en castelán.
É ou non é Cristóbal Colón galego? Quen foi Prisciliano? Por que Compostela se converteu no centro das peregrinacións? Como o logrou o bispo Xelmírez? Cal é a relación do liberador americano Simón Bolívar con Galicia? Séntese Fidel Castro galego?

Foto del acto en el Museo de Pontevedra. de Izquierda a derecha: Eduardo Esteban (presidente de la Asc C. Colón Galego), Afonso Eiré (coordinador de la obra y autor de Fidel Castro), José Leal (diputado Provincial de Cultura) y Carlos Valle (director del Museo de Pontevedra)

Foto del acto en el Museo de Pontevedra. de Izquierda a derecha: Eduardo Esteban (presidente de la Asc C. Colón Galego), Afonso Eiré (coordinador de la obra y autor de Fidel Castro), José Leal (diputado Provincial de Cultura) y Carlos Valle (director del Museo de Pontevedra)

Estas e outras contestacións pódense atopar no libro: Galegos universais.
“Non son só cinco biografías, senón cinco relatos da importancia que os galegos tiveron no mundo nos últimos 2.000 anos”, afirma o editor Francisco Rodríguez Iglesias.
O coordinador do volume, o xornalista e escritor Afonso Eiré, afirma que sen a contribución das cinco persoas escollidas: “non seentende o mundo no seu tempo, pero tampouco o mundo de hoxe. Son personaxes universais, pero, tamén galegos, moitos non coñecerán sequera a súa relación con Galicia. Outros descoñecerán a súa biografía”.
Con este libro, segundo Rodríguez Iglesias, comeza unha colección na que se tentará botar luz sobre a biografía de galegos e galegas senlleiras, “pois non se pode amar o que non se coñece”.
Completase así, dalgún xeito, o catálogo de Hércules, que, ademais do “faraónico Proxecto Galicia”, xa puxo en marcha a colección Victorias de Galicia,

El acto congregó a un gran número de personas.

El acto congregó a un gran número de personas.

co libro: “Guerra da Independencia. Cando o pobo galego derrotou a Napoleón”.
Os autores destas primeiras cinco biografías que aparecen neste volume que vén de saír do prelo son cinco coñecidos historiadores e investigadores: Victorino Pérez, desvela a historia de Prisciliano. Manuel A. Castiñeiras, relátanos o papel de Xelmírez na Europa do seu tempo. Eduardo Esteban e Aquilino Fariñas aportan os documentos que demostran que Cristóbal Colón era galego. Xurxo Martínez fálanos da galeguidade de Simón Bolívar e Afonso Eiré entra a fondo nas relacións e sentimentos de Fidel Castro coa terra do seu pai.

 

 FOTO DIARIO DE PONTEVEDRA

FOTO DIARIO DE PONTEVEDRA

http://www.herculesediciones.com/libro/gallegos-universales-influencia-galicia-mundo/

ENLACES A PRENSA:
http://www.20minutos.es/noticia/2916527/0/fidel-castro-bolivar-xelmirez-prisciliano-colon-su-relacion-con-galicia-protagonizan-libro-galegos-universais/
http://www.lavanguardia.com/vida/20161219/412737314353/fidel-castro-bolivar-xelmirez-prisciliano-colon-y-su-relacion-con-galicia-protagonizan-el-libro-galegos-universais.html

Anuncios